Thursday 09 de May de 2024

Carral celebra a VII edición da liga galega de Escolas de Tiro con Arco


O municipio coruñés acolle o 17 de xaneiro unha nova edición da Liga Adarve de Escolas de Tiro con Arco

O sábado 17 de xaneiro, disputarase no pavillón municipal doEspiño a 7ª edición da “Liga Adarve” de escolas de tiro” con arco”. Este evento está organizado polo Concello de Carral e o club de arqueiros da localidade e persegue o fomento unha práctica deportiva saudable entre os máis novos da localidade carralesa. Na competición tomarán parte seis escolas e clubs deportivos de diversos puntos da xeografía galega como A Coruña, Curtís,Laracha, Arteixo, Lugo, etc., e por suposto, a escola deportiva municipal de tiro con arco de Carral.

Está previsto que o evento, comece sobre as 17.00 h. con deportistas de idades comprendidas entre os 7 e os 55 anos. A competición cun formato por puntuación, constará de 7 categorías que agrupaban a todos os arqueiros; Esquío (masculino e feminino), Benxamíns (masculino e feminino), Crías (masculino e feminino), Infantiles, Cadete, Noveis e Sénior.

Espérase rematar o torneo, arredor das 19.00 h, momento no que todos os participantes poderán degustar uns “entremeses” ofrecidos polo club, mentres os xuíces do acto ditaminaban as puntuacións finais. Unha vez aclarados os postos, farase entrega dos trofeos aos tres mellores arqueiros de cada categoría ademais dun diploma para cada participante.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981. 672.580 no correo electrónico deportes@concellocarral.com.